Friday 26 de April de 2024

O Concello acolle un acto polo Día Internacional dos Refuxiados organizado pola ONG Mestura


Cambre e a ONG Mestura levaron a cabo diante da Casa Consistorial un acto polo Día Internacional dos Refuxiados. A ONG instalou un posto no Concello para visibilizar e concienciar á poboación do grave problema de Refuxiados actual.

O acto consistiu na lectura dun manifesto a cargo dunha veciña inmigrante, Salma Taoual, que presentou o alcalde de Cambre, Oscar García Patiño.

Asemade, a coordinadora da ONG, Liliana Rodríguez, explicou a importancia deste acto que contou coa participación dunha cantante, Carmen Picado, que delitou aos asistentes cunha fermosa canción.

Nestes momentos, a guerra civil en Siria induciu o desprazamento de aproximadamente 4 millóns de cidadáns cara a outros países en especial, cara aos países veciños; Turquía 1,8 millóns; Libano, 1,2 millóns e Xordania, 630.000; Iraq, dous millóns e Iemen de 334.000 iemenís.